TITORÍA ALUMNOS


ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS PARA OS ALUMNOS/AS: 

-       Seguir as normas de clase e colaborar cos profesores e compañeiros. As faltas de respecto e expulsións de clase… ¡¡¡Ollo!!!
-       Preguntar todo o que non entenden en tempo de clase ou nos recreos.
-       Facer con interese  e diariamente os traballos, seguindo a axenda.
-       Non acumular traballo para o último día.
-    Coidar presentación de cadernos, traballos…. Utilización de boli azul e negro nos cadernos e exames. Nada de coloríns. E ollo tamén co tippex.
-       Ollo coas faltas de ortografía (-0’10 puntos por falta)
-       Manter a clase limpa e ordenada (importante orde de pupitres e material, cazadoras e chaquetas colgadas nas perchas nos armarios,...)
-       Traer todo o material a clase, libros, cadernos, papel de exame, calculadora, Biblia,….
-       Uniforme completo e correcto (¡Ollo! Minisaias, tenis de cores, maquillaxe, …) 
-       Dedicar en casa un tempo a facer tarefas escolares. Adquirir o hábito de estudar
-       Revisar horario e lugar de estudo (non diante da tele, ben iluminado e tranquilo…)
-       Atención ao coidado do material, en especial libros de préstamo
-       Tardes libres: martes, mércores, xoves e venres. Adiantar traballo, facer deporte…
-       Nos cambios de clase deben permanecer nos seus sitios e sen alborotar.
-       Pedir permiso ao profesor ou delegado para levantarse a tirar papeis, afiar... (pero non facelo durante unha explicación! A ser posible no cambio de clase)
-       Para falar cos profesores hai que esperar na clase, non nos corredores ou na porta.
-       Non se pode quedar na clase na hora do recreo.
-       Recreo: patio cuberto: nin balóns nin cordas; patio da Virxe: baloncesto; no túnel non se pode xogar, nin tampouco preto do portalón verde, na portería de infantil ou nos baños
-       PROHIBIDO xogar a empurrar, “Pressing catch”, violencia
-       JMV: mércores 16.00h
                                                                         
FALTAS LEVES

Ø  Comer pipas, chicles no recinto escolar. Tomar outras lambetadas
Ø   Manchar deliberadamente calquera lugar do Colexio.      
Ø  Non traer o uniforme completo
Ø  Esquecer o material necesario de clase
  ( Tres faltas leves constitúen unha grave)
Ø  

FALTAS GRAVES:

Ø  Reiteración de tres faltas leves.
Ø  Faltas de respecto aos Profesores (contestar...)
Ø  Falta de respecto aos compañeiros (cuspir, dicir palabrotas, pelexar...)
Ø  Faltas de respecto ao persoal non docente: empregadas, pais.
Ø  Danar o material do Centro.
Ø  Impedir ou interromper o desenvolvemento normal da clase (interromper ao profesor, molestar ou xogar cos compañeiros mentres se explica,…)
Ø  Non xustificar as faltas.
Ø  Non cumprir as sancións.
Ø  

POR INCUMPRIMENTO DAS NORMAS DE CLASE, O ALUMNO/A PODERÁ, A XUÍZO DA TITORA OU DE CALQUERA PROFESOR, CUMPRIR COAS SEGUINTES MEDIDAS CORRECTORAS:

·  Non participación nas actividades do centro. Poden quedar sen excursións e outras actividades lúdico-formativas
·  Exclusión temporal de asistencia a determinadas clases
·  Realización de traballos de reparación ou limpeza nas instalacións (fóra de horario lectivo: limpeza de chicles, pipas….)


ELECCIÓN DE DELEGADO/A

PENSA......................REFLEXIONA......................ELIXE BEN

O DELEGADO/A DE GRUPO DEBE:

FUNCIÓNS:

- Fomentar a convivencia entre os alumn@s do grupo.
- Colaborar coa titora e co equipo de profesores nos temas que afecten ao funcionamento do grupo de alumn@s
- Colaborar co profesorado e cos órganos de goberno do colexio para o bo funcionamento do mesmo.
 Fomentar a adecuada utilización do material de clase e das instalacións do centro.
-  Recoller as inquedanzas do grupo para expoñelas nas sesións de titoría.
-  Expoñer aos órganos de goberno e de coordinación didáctica as suxestións e reclamacións do grupo que representan.
-  Todas aquelas funcións que estableza o Regulamento de Organización e Funcionamento.
-       O Delegado é o responsable do parte de asistencia dos alumnos do grupo.
-       Preocuparase do material preciso para o desenvolvemento das clases (xiz, borrador, ...).
-       Responsabilizarase da orde en ausencia do profesor.

O DELEGADO/A DEBE SER:

-  Unha persoa seria e responsable.
-  Unha persoa que sexa aceptada por todo o grupo.
-  Unha persoa dialogante, que respecte a todos e se faga respectar.
-  Unha persoa con iniciativa.
-  Unha persoa firme na defensa dos intereses dos compañeiros.

O DELEGADO/A TEN DEREITO A:

-  Ser escoitado polos Órganos de Goberno do Centro nos asuntos que así o requiran.
-  Recibir información do acordado nas sesións de avaliación referentes o grupo.
-  Non ser sancionado por lo exercicio das súas funcións.
-  Dimitir por razóns xustificadas.

NOTA:
- O subdelegado substituirá o delegado en caso de ausencia o enfermidade e o apoiará nas súas funcións.
- Os delegados y subdelegados poderán ser revocados, previo informe razoado dirixido o titor/a pola maioría absoluta do grupo que os elixiron. Neste caso, procederase a convocatoria de novas eleccións nun prazo de quince días e de acordo co establecido na normativa o respecto.


DEREITOS E DEBERES DOS ALUMNOS

(EXTRACTO DA NORMATIVA Ó RESPECTO)

Na educación transmítense e exercítanse os valores que fan posible a vida en sociedade e adquírense os hábitos de convivencia e de respecto mutuo. Por iso, a formación no respecto
dos dereitos e liberdades fundamentais e no exercicio da tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia, é un dos fins primordiais que debe perseguir no sistema educativo no seu conxunto e o alumnado como parte del.
O deber máis importante dos alumnos é o de aproveitar positivamente o posto escolar que a sociedade pon á súa disposición. Por iso, a interese por aprender e a asistencia activa a clase, é dicir, o deber do estudio, é a consecuencia do dereito fundamental á educación. 

DEREITOS DOS ALUMNOS

Os alumnos teñen dereito:
Ø  A recibir unha formación que asegure o pleno desenvolvemento da súa personalidade.
Ø  Á igualdade de oportunidades.
Ø  A que o seu rendemento escolar sexa avaliado con plena obxectividade.
Ø  A recibir orientación escolar e profesional, segundo as súas capacidades.
Ø  A que a súa actividade académica se desenvolva nas debidas condicións de seguridade e hixiene.
Ø  A que se respecte a súa liberdade de conciencia, as súas conviccións relixiosas, a súa integridade física e a súa dignidade persoal.
Ø   A participar, en calidade de voluntarios, nas actividades do Colexio.

DEBERES DOS ALUMNOS

1.     O estudio constitúe o deber básico dos alumnos e concrétase nas seguintes obrigacións:
¨     Asistir a clase con puntualidade e participar nas actividades que contribúen ó desenvolvemento dos planes de estudio.
¨     Cumprir e respectar horarios.
¨     Segui-las orientacións do profesorado respecto da súa aprendizaxe e mostrarlle o debido respecto e consideración.
¨     Respecta-lo exercicio do dereito ó estudio dos seus compañeiros.

2.     Os alumnos deben:
¨     Respecta-la dignidade de conciencia e as conviccións relixiosas e morais,así como a dignidade, integridade e intimidade de tódolos membros da Comunidade Educativa.
¨     Non discriminar a ningún membro da Comunidade Educativa.
¨     Respecta-lo Proxecto Educativo do Centro e o Carácter Propio da Entidade Titular.
¨      Coidar e utilizar correctamente os bens mobles e as instalacións do Centro e respecta-las pertenzas dos outros membros da Comunidade Educativa.
¨     Participar na vida e funcionamento do Centro.
   




TITORÍA 1

DECLARACIÓN UNIVERSAL DE DEREITOS HUMANOS

Anexo 1
Enche este cadro coas propostas a mellorar en cada unha das áreas traballadas e fai un plan para mellorar a túa vida naqueles aspectos que aínda necesitan un cambio. Revísao cada trimestre.

ÁREA

ACTIVIDAD PARA AVANZAR NESTA ÁREA

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR EN TODO O ANO


AVALIACIÓN TRIMESTRAL


1.
Profesional ou estudo











2.
Ocio e
tempo libre











3.
Relacións sociais
e familiares











4. Interioridade












5.
Físico















No hay comentarios:

Publicar un comentario